_agenda Agenda

En Oia terán máis ego que pingas

O programa Vigo a escea trae esta fin de semana unha nova obra de teatro para público adulto a unha asociación veciñal da cidade. A partir das 19 horas, Pinga Teatro chega á CC San Miguel de Oia coa obra ‘Ego’. Un pintor pechado no seu estudio fai repaso da súa vida, aliándose cunha cámara de vídeo, para dar fe a si mesmo e gravar unha e outra vez a verdade de todos os aspectos da súa vida, sacando o eu máis egoísta, ás veces perverso, ás veces infantil e manipulador.

Uns 70 minutos con María Carrera, Renato Spencer e Miquel Condal coa que pasar unha boa tarde.

A entrada é sempre de balde.

Te podría interesar