Galicia

51 estudantes cumpren un sono de xuventude na súa graduación

Algúns dos graduados durante o acto na EU de Estudos Empresariais.
Algúns dos graduados durante o acto na EU de Estudos Empresariais.

Duvi/ Tomaron a valente decisión de volver ás aulas despois de toda unha vida dedicada ao traballo e esta semana recolleron emocionados os diplomas que os acreditan como novos graduados. No lugar dos pais e avós, nesta ocasión foron os fillos e os netos os que acompañaron aos orgullosos egresados, 51 alumnos do Programa de Maiores, estudantes atípicos que con idades comprendidas entre os 58 e os 84 anos recibiron con satisfacción o froito do seu esforzo.

A EU de Estudos Empresariais acolleu a esperada cerimonia na que participaron 45 estudantes do programa intensivo, os primeiros tres anos do ciclo de formación, e 15 dos superiores, unha cifra que se incrementa ano a ano e que supón a consolidación dun programa que se implantou no curso 2002/2003 co obxectivo de potenciar o desenvolvemento de coñecementos científicos e culturais, ademais de promover o intercambio xeracional entre maiores e mozos.

Pertencentes a unha xeración na que a maior parte das mulleres tiñan escasas posibilidades de chegar as aulas universitarias, nesta ocasión foron dúas as alumnas elixidas para falar en nome dos seus compañeiros. Aida Blanco, do ciclo de especialización, e María González Fernández, do ciclo intensivo, que lembraron con ledicia as múltiples anécdotas do seu paso polas aulas.

También te puede interesar