Oito horas de paixón canina no Centro Cultural Dornas de Gondomar. Este sábado acolle unha exhibición canina que arrancará ás 11 horas coa mostra de Mundioring Madrid co campeón de Españas, Cayenne, un pastor belga mallinois do Club Canino Security Dog.
Despois virá o turno do desfile de modelos Patrikán de Vigo, obediencias internacionais co Club Click&Dog de Madrid, obediencia civil co centro de educación Narú, exhibición de deporte canino poñendo a proba as habilidades destes animais xogando ao frisbee-dog, e a exhibición do RCI Club Canino Terra Meiga de Redondela.
E por suposto, todo de balde!