Cultura Vigo al minuto

Parálízase a humanización de Celso Emilio Ferreiro logo de que aparecesen restos romanos

 

 

 

A arqueóloga Eva Albaladejo, xefa da excavación,a,osa ao alcalde varios dos restos atopados
A arqueóloga Eva Albaladejo, xefa da excavación,amosa ao alcalde varios dos restos atopados

O alcalde ordeou a paralización parcial da humanización de Celso Emilio Ferreiro -na metade baixa da rúa- ao atoparse restos arqueolóxicos romanos no subsolo.

O Concello adopta esta decisión ata que os arqueólogos municipais cataloguen o que parecen ser partes de ánforas romanas. As catas comezaron o pasado mércores e o alcalde anunciou que a humanización adaptarase aos vestixios romanos recén atopados.

Abel Caballero asegurou, logo de falar coa directora arqueolóxica da excavación, Eva Albaladejo, que os primeiros datos apuntan a que trátase dun “xacemento de gran riqueza arqueolóxica”, feito polo que felicitouse pois “enriquece o patrimonio arqueolóxico da cidade de Vigo“. O alcalde concluiu que o goberno local xa está estudando os posibles plantexamentos de futuro para esta rúa, a expensas da catalogación dos vestixios atopados.

 

 

También te puede interesar