Galicia

O 16% das insercións laborais de Cogami, viguesas

cogamiNeste colectivo emprego significa integración social. Por iso a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) conseguíu a través do seu Servizo de Intermediación Laboral a contratación nos 10 primeiros meses deste ano de 2.273 personas con discapacidade.

O mes de maior número de contrataciones foi setembro, mentres que a zona onde máis postos de traballo se cubriron foi Santiago e a súa comarca, con 449 contratos, seguido de A Coruña (379), Vigo (368) e Lugo (347). En termos comparativos, o número de contratos viuse acrecentado con respecto a 2009, con Santiago, Lugo e Vigo á cabeza. Durante este ano se sumaron 1.733 novas persoas como demandantes de emprego no SIL, superando xa os 21.831 inscritos.

Cogami conta cun equipo formado por 40 orientadores laborais e axentes de emprego que traballan dende as sete oficinas que a entidade ten nas principais cidades de Galicia e que atenden tanto a usuarios de núcleos da  cidade como das áreas rurais. Estes orientadores encárganse de levar a cabo un proceso que busca que todas e cada unha das persoas con discapacidade que acoden a este servizo na procura dun emprego, atopen o antes posible un posto de traballo adecuado ás súas características.

Como consecuencia das visitas a empresas realizadas polos profesionais do SIL e doutras accións desenvolvidas, captáronse un total de 1.178 ofertas de traballo. Cando chega unha oferta ao SIL por parte dunha empresa, o servizo de emprego de Cogami comprométese a seleccionar gratuitamente a dous ou dúas candidatas para o posto en 48 horas, ademais de asesorar ao empresariado sobre as axudas existentes para as adaptacións dos postos de traballo así como ofrecerlle información sobre as deducións fiscais e incentivos pola contratación de persoas con discapacidade.

Te podría interesar