O PP oponse a celebrar o 125 aniversario do nacimento do médico, político, artista, escritor e intelectual galego, coma pediu o BNG no Parlamento de Galicia xa que os populares entenden que a finalidade última desta petición é abrir “unha vía para a exaltación do nacionalismo”, asegurou o seu voceiro, Agustín Baamonde.
Este deputado, ante as acusación dos nacionalistas de que o que pretende a Xunta é “censurar o pensamiento” do destacado galeguista, indicou que a postura do PP sobre Castelao é clara e que “o respeta polo que representa na historia de Galicia, pero iso non quere decir que teñamos que compartir a súa opción ideolóxica”.
Baamonde asegurou que pódese defender a amar a Galicia dende fora do nacionalismo e indicou que 2011 tamén é un ano sinalado para escritores coma Álvaro Cunqueiro ou Ramón María del Valle Inclán, “que boa oportunidade para defender o galego, o castelán e a liberdade no uso das dúas lenguas, que é o que propón o Partido Popular”.