Cultura Destacados

Neste Casco Vello non hai curuxa que non sepa cociñar

Os gañadores recolleron hoxe os premios.
Os gañadores recolleron hoxe os premios.

Tapear no Casco Vello tiña premio… para os cociñeiros. O V Concurso de Tapas Casco Vello rematou hoxe coa recollida de premios dos tres galardonados: a Cafetería-Bar XII, o restaurante Picadillo e A Curuxa, que tamén acadou o premio á mellor presentación. ‘A perdición’, a ‘Bolsiña cruxente de verduras e queixo con salsa de frambuesa’ e os ‘Bocadiños da Curuxa’ foros os bocados elexidos polo gran público.

En total entraron a sorteo 1.450 cartillas que cumprían coas bases do concurso, é dicir, que tiveran un mínimo de 9 selos de locais participantes cubertos. Os gañadores dos tres cheques-compra por un importe de 300 euros foron Nieves del Río Otero, Ambrosio García Estévez e Peregrina Oya.

Nesta edición 18 establecementos poñían a disposición dos padais máis esixentes as tapas máis diversas. E o resultado foi bo, xa que cada tapa foi degustada por máis de 700 persoas. A calidade do produto presentado foi outro dos aspectos a destacar nesta edición, xa que moitos locais quedaron de xeito permanente con esa tapa nas súas cartas.

Te podría interesar