Porque a súa traxectoria amosa un inmenso esforzo e unha continua preocupación pola investigación e porque os avances acadados se reflictan en melloras da situación das persoas enfermas. Por iso o xurado decidíu outorgar a Carmen Navarro, directora do Instituto de Investigación Biomédica de Vigo e xefa do servizo de Anatomía Patolóxica e Nuropatoloxía do Meixoeiro o premio María Josefa Wonenburger Planells da Unidade Muller e Ciencia da Xunta que, dende hai catro anos, ten por obxectivo resaltar as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e a tecnoloxía.
Segundo o xurado, Navarro “aúna esforzos en dous campos tan importantes como a xestión e a investigación, sen que esta tarefa lle impida manter a súa humanización como médica” realizando proxectos solidarios de investigación coas asociacións de pacentes de enfermidades raras e neuromusculares e que requiren da investigación para mellorar os métodos diagnósticos e de tratamento e a calidade de vida de moitas persoas. Considerada a nivel internacional unha referencia na área da neurociencia, a doutora “é unha muller loitadora para potenciar a investigación biomédica en Galicia e en España; vive por e para a investigación”.