Cultura Destacados

A discapacidade vista dende dentro

Serán apenas uns días, pero suficientes para achegarlle ao público a visión da discapacidade a partir dunha persoa que a padece. O Centro Comercial Gran Vía acolle ata o vindeiro 3 de decembro unha exposición fotográfica realizada por usuarios de Cogami que recollen situacións de normalidade nas que unha persoa de mobilidade reducida ten que facer sempre un maior esforzo para superar atrancos físicos, sociais ou mentais.

En total 45 imaxes feitas polos participantes dun obradoiro fotográfico de iniciación ao manexo da cámara dixital que organizou a Federación COGAMI-Pontevedra e na que durante un mes 15 alumnos lograron poder amosar a través da mirada da cámara os seus sentimentos, a súa visión particular sobre o mundo que os rodea.

También te puede interesar