![As limpadoras concentráronse esta mañá diante das portas do xulgado. As limpadoras concentráronse esta mañá diante das portas do xulgado.](https://www.vigoalminuto.com/wp-content/uploads/2010/11/limpadoras.jpg)
Polo menos é o que deducen as mulleres encargadas das tarefas de limpeza dos colexios públicos de Vigo, que denuncian a discriminación a que están sometidas pola empresa Linorsa por ser mulleres, xa que non farán unha equiparación laboral cos compañeiros de sexo masculino e aumentarlles a xornada laboral de catro a oito horas, como cumpren os cristaleiros, e acadar “un salario e unha xubilación que lles permita ser independentes”.
As traballadoras foron desaloxadas pola Policía Nacional das inmediacións dos xulgados de Vigo, onde se concentraron esta mañá en apoio a dúas compañeiras que comparecía a un xuicio rápido tras denunciar as agresións recibidas por parte de cristaleiros que limpaban os centros educativos por orde da empresa.