Ante unhas bancadas que nos laterais estaban valeiras, Domínguez, ao acompañaron o ex alcalde Lois Pérez Castrillo, a deputada no Congreso, Olaia Fernández Davila, os tamén deputados no Parlamento de Galicia, Carme Adán e Henrique Vieitez, fixo un repaso da xestión do Bloque ao fronte da Tenencia de alcaldía, e as concellerías de Cultura, Deporte, Participación Cidadá, Benestar e Patrimonio Histórico, ademáis de Turismo, que detenta o propio Domínguez.
As presentacións estveron acompañadas de vídeos e paneis informativos nos que se facía referencia á mellora do Casco Vello, ás humanización da Porta do Sol-Elduayen, a Vigo Convention Bureau, o turismo de congresos e a xestión no eido do deporte coas novas infraestructuras e o pulo de Vigo coma organizador de eventos de primero nivel.
Esta é a labor coa que queren continuar os nacionalistas se repiten no goberno da Zidane, algo que só parece posible, de novo, da man de Abel Caballero, dadas as expectativas de voto que reflecten as enquisas e que sinalan un descenso do apoio ao BNG, que pasaría dos 5 concelleiros actuais a un máximo de tres.