![A reunión entre os alcaldes de Salvaterra e As Neves e a Xunta. A reunión entre os alcaldes de Salvaterra e As Neves e a Xunta.](https://www.vigoalminuto.com/wp-content/uploads/2010/12/pino.jpg)
A Xunta reuniuse hoxe cos alcaldes de Salvaterra e As Neves para informar aos rexidores do protocolo de actuación que se porá en marcha para frear a praga do nematodo do pino detectada por eses lares e que tamén se explicará aos veciños o vindeiro 10 de decembro nuns encontros que se realizarán na Casa da Cultura de Leirado de Salvaterra (19 h) e no centro cultural de Taboexa en As Neves (20:30 h).
Os expertos estableceros dúas áreas de traballo, unha dun quilómetro e medio arredor da área na que se localizou a praga e a segunda de 20 quilómetros. Na primeira área faranse labores de erradicación nunhas 300 hectáreas de piñeiro e só poderán cortar os árbores os responsables da Consellería, mentres que na zona demarcada todo o movemento de madeira estará baixo control. Necesitarase un permiso especial da Xefatura Territorial de Medio Rural para poder facer os cortes das árbores xa que a madeira seca debe ser destruída pero a verde aínda se pode utilizar sempre e cando sexa tratada, polo que se levarán a cabo inspeccións nos aserraderos da zona.