Galicia

3.000 autónomos recibiron algunha axuda da Xunta

Son máis de 232.000 en Galicia, así que habería que mimalos. Máis de 3.000 autónomos galegos percibiron este ano algunha axuda da Consellería de Traballo e Benestar para o desenvolvemento da súa actividade profesional, unha liña de subvencións pensada para potenciar o autoemprego nun momento de crise e axudar nos gastos de organización e funcionamento de entidades asociativas de traballadores autónomos.

Unha boa iniciativa para un dos sectores máis numerosos de Galicia, xa que un de cada catro traballadores afiliados á Seguridade Social pertence a este colectivo. Mentres en España os autónomos representan un 17 por cento do total de traballadores, en Galicia esa cifra aumenta ata case o 23 por cento.

También te puede interesar