Estará aberto de 11 da mañán a 2 da tarde. O Mercado de Productos traicionáis Galegos volverá ao Paseo de Alfonso este domingo e nel poderánse atopar produtos relacionados coas festas de Nadal e, para os nenos, haberá contacontos de 12 a 12.50 horas a cargo de Beatriz Campos, da compañía Migallas Teatro, que narrará unha historia que terá a unha cabaza como protagonista.
O obxectivo desta iniciativa é dinamizar as mañás dos domingos no Casco Vello e, dende a súa primera edición, tense incrementado paulatinamente o número de vendedores e artesáns participantes, que proceden de diferentes puntos de Galicia. Entre outros, pódense atopar produtos de Touza Vella de Castro Caldelas, especializados en lácteos de cabra e Queixerías Daniel Torres coas súas tetillas con denominación de orixe; o pan ecolóxico de Panadería Divina de Santiago; ou os xa habituais produtos de horta que traerán a Finca Condasanta de O Grove ou Edgar e Su de Ventín.
Esta semán, ademais dos produtos ecolóxicos e con denominación de orixe, na feira tamén se poderán adquirir produtos de artesanía tradicional e de deseños de autor, co obxectivo de que a xente que se achegue ao mercado poda atopar o seu regalo para estas datas. Tecidos de Gondomar e Pontecaldelas, artesanía en coiro, xoias e complementos de autor de Latontaylarubia de Santiago e Candacol de Vigo, obxectos en madeira tallada e torneada e cestería de Vigo, representan o traballo dunha selección de artesáns na que se mextura tradición e contemporaneidade.