Eso cree o director da Fundación Galiza Sempre, quen criticou que “sigan existindo gobernos que non favorezan a lingua propia do seu pobo“.Xabier Macías fixo estas declaracions no Foro Mundial da Educación, que se celebra en Compostela, e salientou que “a sociedade galega está a realizar unha ampla denuncia” contra a política lingüística da Xunta, un Goberno, que, tal e como apuntou, “non favorece a lingua propia do seu pobo”.
O obxectivo final é que a sociedade sepa cal é a situación e que reivindique o seu dereito a vivir na súa propia lingua. Neste senso lembrou que as institucións teñen a obriga de “defender a lingua como unha das expresións máis xenuínas das culturas“.
Macías calificou de “lamentable” que un goberno, en referencia ao da Xunta, que debe defender os intereses do galego, faga completamente o contrario e animou á xente a falar galego “con normalidade“.