Unha xeración rebelde intentando cumprir sonos e escapar das súas miserias. Este sería o eixo central de ‘Caminando hacia el abismo, historia de una generación’, o libro de José M. Botana Cao que esta tarde (20:30 horas) o mesmo autor presenta no CS Cova dos Ratos. Editada polo Periódico Anticarcelario ‘Punto de Fuga’ e a Biblioteca Antiautoritaria ‘Frakaso escolar’ en setembro deste ano, nas súas páxinas, baixo a forma dunha novela, atópase unha meditación sobre a xeración rebelde da transición, a súa brutalidade e a súa profunda solidariedade.
A novela narra a vida dun delincuente habitual de ideoloxía anarquista dende a súa xuventude durante os últimos días do franquismo ata a actualidade. O cárcere e a loita con el, os movementos políticos que quedaron ao marxe da transición española… mestúranse nesta ficción preñada de realidade que rinde homenaxe a toda unha xeración.