Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másO Vigo máis solidario e saudable en As Travesas
Balaídos e As Travesas será o escenario do Vigo máis solidario: o Torneo solidario multideportivo Nadal, que se disputará do 20 ao 26 de decembro no que haberá categorías baby, prebenxamín, benxamín e alevín feminino. Baloncesto, balonmán, fútbol sala, bádminton ou squash son algúns dos deportes cos que rapaces e rapazas gozarán.
O torneo xogarase en horario de tarde, agás o domingo que será todo o día. Non terá carácter competitivo, senón participativo, no que todos recibirán o mesmo premio. O único requisito para participar é a entrega dunha bolsa de alimentos non perecedoiros por participante o día da entrega de premios o domingo pola tarde no Pavillón Central das Travesas. Todos os alimentos recadados serán doados á Concellería de Benestar Social para que os distribúa entre os colectivos sociais.