Repertorio de Vivaldi, Locatelli, Corelli e Haendel será o que toque a Orquestra Vigo 430 esta noite no Auditorio Municipal (20:30 horas) ao abeiro do programa estable de artes escénicas de Vigo.
Creada en 2005 como ‘Ensemble Vigo 430’ coa premisa de contar cun núcleo de corda de calidade, na actualidade o elenco da orquestra vai dende os 14 músicos da pequena orquestra de cámara para un repertorio barroco a outra de 43 músicos para a formación sinfónica. O prezo da entrada, 5 euros.