Vigo al minuto

A Xunta subvencionará os mercados cun millón de euros ao ano

mercado

Un millón de euros ao ano. Eso o que ven de aprobar a Xunta para facilitar a modernización dos mercados de Vigo. Os xerentes de todos eles, unidos en Mercacevi, tiveron unha xuntanza co conselleiro de Economía que pediulles que “en 15 ou 20 días coma máximo” presenten un plan no que se reflectan os seus problemas e necesidades para redactar un convenio que “durará toda a legislatura e renovarase ano a ano”.

Javier Guerra lembrou que nos mercados da cidade traballan máis de 500 personas e que xuntos facturan máis de 30 millóns de euros ao ano, polo cal “teñen que poder competir coas grandes superficies e os grandes almacenes”. Para elo o conselleiro sinalou que é necesario unha modernización nos mesmos que leve a unha mellora da xestión, “empezando pola formación dos propios xerentes e do personal que fai ventas polo miudo”, a introducción do soporte informático, e un axeitamento das infraestructuras dos mesmos que fagan máis doados os accesos, as compras, que chamen ós clientes e que permitan ofrecer máis servizos.

Esta axuda será compatible coas que ten aprobado o Concello, a derradeira os 600 € que o tenente de alcalde anunciou, o día 9, que se entregarían ás familias máis necesitadas para “favorecer o consumo no pequeño comercio e os mercados de Vigo”

También te puede interesar