Cultura

Política e arte, da man no Condado

Contravento… e marea. O BNG do Condado quere rachar co estilo de actos aos que tiñan acostumados aos veciños da zona e transformarán a sede comarcal nunha galería de arte que abre as súas portas esta tarde (20 h) baixo o nome de Sala Aberta cunha exposición do colectivo ‘Contravento’.

Formado por 5 artistas que cultivan principalmente pintura e escultura, o acto de apertura estará precedido por unha palestra baixo o título ‘Arte e Cultura na transformación social’  que contará coa presenza de membros da Aula Castelao de filosofía.

A exposición estará aberta ao público ata o vindeiro 21 de xaneiro.

También te puede interesar