En medio da loita entre investigadores e institucións por manter a investigación como abandeirado, o Sistema Universitario de Galicia destinará no seu novo plan de financiamento máis de 65 millóns de euros á investigación no ano que acaba de entrar e nos programas relacionados con este eido, como os contratos programa.
Un investimento co que se trata de fomentar o I+D+i na Universidade galega na procura de resultados en materia de innovación tecnolóxica e en investigación, co que o SUG asegura que tenta evitar a fuga de cerebros e convertir o eido universitario nun dos actores principais para que “Galicia sexa un lugar atractivo para as empresas tecnoloxicamente avanzadas e que os galegos poidan desenvolver o seu potencial laboral, creativo e innovador”.
Este investimento levará o 16,6% dos fondos deste ano, unha cifra que se irá incrementando ata acadar o 40% no 2015.