Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másOs empregos críanse como a ameixa, en viveiros
Poderiamos estar ante a solución á crise. Os negocios que se desenvolven ao abeiro dos 22 viveiros de empresa que existen en Galicia xeran uns 3.000 empregos directos, aos que haberá que sumar os que poderán crear os 10 viveiros que se porán en marcha nun breve espazo de tempo. E a taxa de éxito dos emprendedores nestes casos é do 90%, un dato a ter en conta nunha época na que a maioría das empresas desaparecen nos seus primeiros 4 anos de vida.
Son as conclusión dun estudo pioneiro financiado pola Xunta e elaborado polos profesores Francisco Ferreiro, da Universidade de Santiago, e Alberto Vaquero, da Universidade de Vigo, que ten como obxectivo coñecer as características dos viveiros galegos, analizar o perfil emprendedor e a actividade predominantes nos mesmos, así como avaliar a súa creación de emprego.
No ano 2009, momento do estudo, había máis de 880 actividades empresariais nos viveiros galegos, a maioría de natureza científica e técnica, dispostos en 20.500 metros cadrados de instalacións con todos os recursos físicos e humanos para poder levar a cabo o seu proxecto durante un período de entre 2 e 5 anos, dependendo do sitio.