Comarcas Galicia

Nova colisión múltiple no Corredor con dous feridas

 

O ano comeza con novos sinistros no Corredor do Morrazo. A primeira hora desta mañá, pasadas as 08:00 horas, unha colisión múltiple con varios vehículos implicados deixaba un balance de dúas mulleres feridas, aínda que leves, segundo informaron fontes policiais. O sinistro tivo lugar ao paso da estrada polo concello de Moaña. As víctimas foron trasladadas en ambulancia a Povisa e ao Perpetuo Socorro.

También te puede interesar