Será a primeira en abrir as súas portas na Universidade de Vigo e atraerá aos estudantes máis mozos da súa historia. A Escola Infantil Universitaria do campus de Pontevedra está a piques de abrir cara ao público á beira do Lérez cun claro fío conductor: un espacio diáfano e aberto que permitirá aos cativos estar en contacto directo coa natureza, que estará presente a cotío tras os grandes ventanais das aulas que os pequechos estrearán a finais de xaneiro.
A súa arquitecta, María José Fariña, quixo primar as vistas dun sitio cheo de vexetación á hora de elexir materiais. Por iso as grandes cristaleiras son a prioridade, deixando á vista por un lado o paisaxe do río e por outro o do resto do campus. Ademais, as aulas están separadas do corredor principal por biombos acristalados, o que permitirá aos rapaces contemplar o patio exterior de xogo e, á vez, facilitará aos profesores as labores de vixiancia.
Dividida en catro áreas, a gardería ten unha parte central co vestíbulo de acceso ás dependencias de administración e o espazo de usos múltiples; as aulas, distribuídas no espazo “máis privilexiado” que contan con catro módulos para nenos de 0 a 3 anos; unha zona interior, na que se atopa a área de servizos e, por último, o patio exterior, no que se conserva unha árbore arredor da cal se dispuxo céspede natural e artificial ademais dun soportal recuberto de madeira “para que os nenos e nenas poidan xogar no exterior aínda que faga mal tempo”.