É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO BNG presenta xente “honesta e traballadora” para gañar a alcaldía de Mos
Unha presentación que contou con toda a plana maior do partido, que acudiu ao acto para respaldar unha candidatura formada por “homes e mulleres traballadores e honestos e comprometidos coas maiorías sociais de Mos”. Así presentou Guillerme Vázquez, líder do BNG, a Miguel Anxo Aldea, candidato á alcaldía de Mos nas vindeiras eleccións de maio.
Nun acto celebrado ante multitude de veciños e simpatizantes no multiusos das Pozas, na parroquia de Torroso, o líder nacionalista salientou que só optando por este partido se pode garantir que se parará nos concellos “as políticas de dereitas e antisociais que están a aplicar tanto PP como PSOE”, que pensan só nos mercados e que ten como último episodio a contrarreforma das pensións, “nin xusta nin xustificada, é unha puñalada aos sectores máis débiles e que terá máis consecuencias negativas para Galiza, onde temos máis pensionistas e as pensións son máis baixas”, recordou Vázquez.