É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másCase 700 visitas diarias á web de Emigración
Máis de 242.200 visitas durante todo o 2010. Son as que recibiu o portal Galicia Aberta, da Secretaría Xeral da Emigración, coa que se pretende dar a información on line que demanda a diáspora e que serve de canle inmediata de difusión das medidas da Xunta no exterior. Un aumento de case un 10% no número de visitas e dun 23% no número de usuarios únicos (con case 142.000), ademais das máis de 934.000 páxinas visitadas.
A maioría das visitas procederon de España (49,9%), seguido de Arxentina (25,5%), Uruguay (6,7%), Brasil (3,7%), Venezuela (2,9%), México (1,5 %), Estados Unidos (1,3 %) ou Suíza (1,2 %). Por cidades, a maioría procedían de Bos Aires, Compostela, A Coruña, Madrid, Montevideo, Vigo, Pontevedra, Barcelona, Ourense e Lugo.