É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másNais e pais do Mestre Ramiro Sabell de Ponteareas manifestaranse o venres para demandar un novo centro
Os membros da Anpa A Pena do Equilibrio veñen de facer un chamamento a toda cidadanía de Ponteareas a apoiar a manifestación ‘Por un novo CEIP’ . Segundo denuncian, dende fai anos os centros ven como as prazas ofertadas para os cursos de infantil no atenden a toda a demanda, “compre lembrar que o Ceip Mestre Ramiro Sabell fai só tres anos que inaugurou a ampliación destinada a cubrir o exceso de demanda de prazas que había no Concello, a día de hoxe xa comeza a estar cos cursos de infantil ata os topes mostrando indicios de masificación“.
Os nais e pais de alumnos denuncian que “os centros de ensino non son aparcadoiros onde deixamos os nosos fillos para poder ir a traballar, son os centros onde xunto coa educación paternal vai encamiñar o futuro dos mais pequenos“, e lembran que as clases vense de impartir nos pasillos e comedores do centro.
Asimesmo, indican que o Concello ten que establecer prioridades nestos tempos de crise e critican que en troques de ocuparse da mellora da educación os responsables locais prefiran gastar os cartos públicos en optar a unha etapa da Volta Ciclista a España, por todo o cal fan piden aos veciños e veciñas que se unan á manifestación o vindeiro venres, día 21.