Comarcas Galicia

A praga do pino, que non a paguen os afectados

O BNG do Condado acaba de rexistrar unha Proposición Non de Lei no Parlamento galego para levar a cabo un plan específico de actuación urxente con medidas loxísticas e socioeconómicas pensadas para paliar os efectos negativos sobre as empresas de aserrío e aos rematantes de madeira no radio de 20 quilómetros demarcado trala praga de nematodo nos piñeiros na zona.

Os nacionalistas consideran que as medidas que está levando a cabo a Xunta fai recair as perdas e os gastos de erradicación sobre as persoas e empresas afectadas, avocándoas ao peche se non se atopan solucións axeitadas. Segundo asegura o BNG, a Xunta “presionou aos propietarios afectados para que asumisen apresuradamente a tala e comercialización dos piñeiros, advertindo que de non facelo o faría a Xunta sen garantir a indemnización pertinente, que caso de habela o sería por un importe rídiculo (entorno aos 8€/m3)”. A tala a matarrasa das aproximadamente 300 hectáreas de piñeiros existentes na Zona de Erradicación, está a provocar unha saturación do mercado comarcal coa inevitable baixada de prezos e a conseguinte perda para os afectados, segundo os nacionalistas.

También te puede interesar