Galicia

Comisións Obreiras e UGT non apoiarán a folga xeral convocada pola CIG para o vindeiro xoves

CIG-Folga-XeralComisións Obreiras e UGT non irán á folga o vindeiro xoves. O chamamento á mesma, feito pola Confederación Intersindical Galega (CIG) só será secundado pola Confederación Galega do Traballo (CGT), pero non polas centrales sindicais que foron as impulsoras do paro xeral do pasado mes de setembro. Esta negativa ven de ser duramente criticada polos responsables do sindicato nacionalista que acusan a CCOO e UGT de estar “nunha estratexia de desmovilización” que, ao seu entender, é paso necesario para atopar un “envoltorio” co que tapar o acordo ao que chegarán co Goberno na reforma das pensión “en troques doutras concesións”.

A folga xeral en Galicia coincidirá con outras convocadas, o mesmo día 27, en Euskadi, Navarra y Cataluña, e que teñen coma finalidade protestar contra a reforma das pensións que o Ministerio de Traballo negocia cos outros sindicatos e que, entre varias das medidas propostas plantexa a elevación da idade de xubilación aos 67 anos e o aumento dos anos cotizados para ter dereito a unha pensión.

 

También te puede interesar