Non só polos taekwondistas vigueses do Tao e Yidam, medallistas no Campionato de España de clubs de Taekwondo, que pasaron hoxe polo concello para participar nunha recepción na que os concelleiro de Deporte, Xabier Alonso, aproveitou para felicitalos e agasallalos co libro ‘Vigo, a cidade nas ondas’ de Eduardo Rolland e Javier Teniente. Senón porque máis de 150 deportistas participarán este venres na xornada ‘Deporte e municipio’, unha xornada técnica na que se reflexionará e analizará o eido deportivo a nivel nacional, como xa se fixera o ano pasado coa FISU.
Durante case 10 horas presentaranse diversos proxectos e medidas para que entidades públicas e sector privado poñan en marcha prácticas deportivas saudables, unhas conclusión que se esperan aplicar a Vigo.