O inxeño galego cruzará o charco na busca dunha oferta educativa internacional e mellor posicionada. A Escola Técnica de Xoiería do Atlántico, que ten a súa sede en Vigo, vén de asinar un acordo coa Universidade Iberoamericana da Puebla, en México, para potenciar o intercambio de alumnos e profesores, pero tamén de coñecementos, de información de publicacións e de material gráfico, ademais de organizar obradoiros e seminarios e de conceder bolsas para a formación dos estudantes de ambos lados do Atlántico.
A primeira actividade conxunta será a presentación dalgúns proxectos na asamblea anual del Parlement Lycéen Européen, un encontro entre autores de xoiería que se celebrará en Vigo no vindeiro mes de maio e que reunirá a preto dun cento de persoas para debatir a futuro do sector.