O Concello de Vigo ven de convocar a contratación dun analista de laboratorio en prácticas para un contrado de un ano prorrogable noutro máis para traballar nos laboratorios da Casa Consistorial. Seleccionado a través de oposición libre, o contratado traballará en xornada continuada de mañá e cobrará o 60% do salario dun analista de laboratorio durante o primeiro ano e o 75% o segundo.
Se estás interesado terás ata o 11 de febreiro para presentar no Concello a carta acreditativa de pagamento das taxas, case 33 euros. Os requisitos: ser titulado en física, químicas, ciencias ambientais, farmacia, bioloxía, veterinaria, ciencia e tecnoloxía dos alimentos ou bioquímica como moito fai 5 anos e non ter traballado en prácticas ou facelo menos de dous anos.