Ciencia y Tecnología Destacados

Crean un implante capaz de desaparecer a medida que crece o óso

D. Besadío/Duvi/ Catro anos de investigación que deron como froito unha técnica baseada en plaquetado láser que permite a creación de implantes biocerámicos tridimensionais para o seu emprego na reparación de defectos óseos craniais. Así define o enxeñeiro Rafael Comesaña a súa tese de doutoramento, unha investigación realizada ao abeiro do traballo que está a levar a cabo o Grupo de Investigación de Aplicacións Industriais dos Láseres, un equipo con múltiples traballos publicados sobre a aplicación da tecnoloxía láser ao campo biomédico. “Partindo da diagnose do defecto cranial deséñase a xeometría e a composición do implante requirido, subliña Comesaña, ao tempo que explica que esta é unha das principais vantaxes, pois grazas a esta característica “o implante acada unha osteointegración completa”, en referencia a que o implante se vai disolvendo a medida que medra o novo óso, un comportamento que resulta especialmente útil en pediatría para que o cranio continúe co seu crecemento normal.

Ata o momento os ensaios están sendo realizados en animais, pero xa teñen demostrado a bioactividade dos implantes producidos, a estimulación de proliferación de células óseas e a capacidade de disolución gradual en fluido biolóxico simulado segundo os parámetros de deseño. Os implantes son específicos e realízanse a partir do diagnístico e o análise xeométrico do defecto, que se consegue a partir dos datos extraídos mediante tomografía axial computarizada (TAC) ou resonancia magnética. O próximo paso, o ensaio clínico en persoas.

También te puede interesar