Comarcas Galicia

Na Avenida de Vigo, as beirarrúas non son de todos

Unha varanda en condicións precarias corta o paso aos peóns nun anaco da beirarrúa na Avenida de Vigo de Chapela. Todo por mor dunhas obras de edificación no terreo lindeiro que levan tempo paralizadas e que limita e dificulta o tránsito dos cidadáns. O PP de Redondela pide agora que o goberno redondelá non faga oídos xordos e restableza o uso público da beirarrúa “ante a ausencia de toda actividade construtiva no inmoble”, como explica Teresa París, secretaria de Comunicación do PP.

Os populares piden que se adopten medidas de seguridade oportunas para evitar o dano ás persoas e ao proio inmoble, se libere a beirarrúia da varanda e se restableza o tránsito con normalidade xa que “unha solución limitada no tempo e que debería preverse univamente para garantir o tránsito peonil durante a execución das obras de construción se prolongan no tempo con carácter indefinido nun estado precario e sen reunir as medidas de seguridad oportunas”.

También te puede interesar