É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másNin beirarrúas, nin beiravías, zonas estreitas, cambios de rasante perigosos e cunetas sen protección, todo cun tráfico continuo de vehículos pesados. O PP de Redondela asegura que os veciños levan 20 anos denunciando a situación na que se atopa a N-555, a estrada que une a vila con Peinador, sobre todo ao seu paso por Cedeira. Ademáis, o límite de velocidade mantense nos 60 km/h permitindo o adiantamento en moitas zonas e nos últimos anos as molestias xeradas polas obras do AVE son continuas.
Agora, o PP redondelán solicitará ao Goberno municipal que garanta a seguridade viaria nesta estrada, solicitando a instalación da sinalización axeitada, adecuando a velocidade a unha zona poboada e construíndo beiravías e beirarrúas.