É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másVinte chefs estranxeiros formaranse en cociña galega no Centro Superior de Hostelería de Galicia, onde participarán na IV edición de Formación de Xóvenes Profesionais en Gastronomía Española organizada polo Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX). Nun programa de 8 meses divididos en tres etapas, os profesores formarán a chefs de Reino Unido, Suíza, Alemaña, Suecia, Dinamarca, Rusia, EEUU, Canadá, Brasil, México, Hong Kong, Xapón, Australia, India e Singapur na elaboración de diferentes receitas da gastronomía galega.
As quince receitas que se elaborarán son: empanada de bacallau con pasas, mexillóns, ameixas á mariñeira, polbo á feira, grelos, cachelos, caldo galego, raia cocida con patacas, caldeirada de pescada, carne ao caldeiro, orellas de Entroido, tarta de queixo, tarta de Santiago e pedras de Santiago.
O programa foi creado en 2007 polo ICEX en resposta á crecente proxección internacional da gastronomía española que, nos últimos anos, tense consolidado como referencia de creatividade e capacidade de innovación en técnicas culinarias, dando a coñecer a gran diversidade e calidade dos nosos produtos máis emblemáticos. Dende aquela, xa se formaron nos mellores restaurantes de España un total de 47 xóvenes chefs.