Os 20 traballadores de Friogarrida concentráronse esta mañá ás portas do porto do Berbés, en Vigo, para reclamarlle á empresa os tres salarios pendentes que ten con eles. Os empregados denuncian que a empresa, dedicada á elaboración e conservación de peixe e en proceso concursal para a extinción dos contratos, está a vender material da planta de Valadares ao tempo que mantén a débeda coa plantilla. O dono da empresa tamén posúe no Berbés a empresa Pescados José Eduardo, polo que os traballadores concentráronse ás portas do porto con pancartas alusivas.