Vigo al minuto

O Servizo Municipal de Axuda no fogar atendeu o ano pasado a 771 veciños

AncianosO ano pasado o Concello atendeu a 771 persoas, a través do Servizo de Axuda no Fogar, na súa maioría mulleres viúvas, ás que se lles prestou un total de 203.432 horas de servizo, o que supón un incremento do 47% respecto ao ano 2009.

Cando o Servizo púxose en marcha atendía a pouco máis de 300 persoas e hoxe se aproxima ás 800 o que supuxo un incremento no seu orzamento dende preto dun millón de euros a 2,7 ao termo de 2010.

Os usuarios e usuarias do mesmo son veciños que teñen unha idade media de78 anos, a meirande parte deles mulleres, xa que das 771 persoas atendidas no 2010, 585 son mulleres e 186 homes.

 

También te puede interesar