Comarcas

O Telecentro de Tui ofrece un curso de intelixencia emocional e creatividade

Municipio de Tui
Municipio de Tui

O Telecentro de Comunicación de Tui, dependente da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia, acollerá a partir do 4 de novembro un curso sobre creatividade e intelixencia emocional que organiza o Consello de Xuventude de Galicia. A actividade está dirixida a persoas interesadas na creatividade e no traballo da intelixencia emocional como vehículo para a mellora persoal, laboral e social. Os interesados poden inscribirse gratuitamente no 902 922 270.

A creatividade como método, as diferentes fases do proceso creativo ou a creatividade grupal serán algún dos temas a desenvolver neste curso de 120 horas que remata o 17 de decembro.

A  Secretaría Xeral de Medios pretende dar a coñecer as posibilidades dos TC da Rede de Telecentros de Comunicación co obxectivo de convertelos en puntos de referencia, dentro de cada concello, como lugares de encontro, de formación e de promoción do audiovisual galego.

A través da campaña Comunícate, a Secretaría pretende que os Telecentros de Comunicación se incorporen como alternativa habitual na axenda de tempo libre da cidadanía facilitando o acceso público a Internet como medio de comunicación.

También te puede interesar