Galicia

As estradas galegas voltan cobrarse dúas vidas

Dous mortos, 87 feridos e 63 accidentes de tráfico. Ese é o balance da fin de semana nas estradas galegas, segundo as estadísticas de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tivo o maior pico de sinistros durante o sábado, con máis do 41% dos accidentes. Pontevedra, con 27 sinistros, foi a que maior número de incidentes rexistrou, seguida unha semana máis de A Coruña (21), Ourense (9) e Lugo (6).

A maior parte dos feridos foron homes (61%) e tiñan entre 20e 39 anos (47%). En total, 77 feridos foron levados a centros hospitalarios, un a un centro de Atención Primaria, sete foron atendidos no lugar do sinistro e outros dous faleceron no acto.

También te puede interesar