O Concello de As Neves conta cunha nova alternativa de ocio saúdable. Trátase da instalación deportiva, a “ Pista Polideportiva de Chan de Vide”. Que hoxe foi inaugurada polo alcalde, Raúl Emilio Castro Rodríguez, quen estivo acompañado polos conclleiros de Deportes, Carlos Manuel González Rodríguez, Cultura e Servizos Sociais, Mª Carmen Gil Álvarez e Urbanismo, José Belarmino Méndez Álvarez, os cales recibiron ao Secretario Xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa, quen chegou ao concello acompañado polo Xefe Provincial de Deportes Daniel Benavides.
Coma salientou o alcalde, o Concello de As Neves recibiu unha subvención de 37.059,28 € do goberno autonómico para a construcción deste espazo deportivo, ubicado dentro do recinto da Área Recreativa de Chan de Vide, e “nunha Parroquia, que conta con unha grande aficción deportiva” e un alto índice de asociacionismo xuvenil. Raúl Emilio Castro salientou que à xente nova únese unha poboación maior moi participativa, “o que amosa o interés dos veciños a hora de poñer en marcha novos servizos para o beneficio non só da parroquia senón de tódolos nevenses”.
Na inauguración, ademáis das autoridades locais e autonómicas, estiveron presentes numerosos veciños de Vide, así como representantes das asociación xuvenís locais e do deporte nevense, que destaca en modalidades coma o badminton o tenis, co único árbitro internacional de Galicia, ou o ex xogador del Real Madrid, Michel Salgado, natural desta parroquia.