É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másEn Vigo, ata os edificios pensan en verde
16 edificios e un obxectivo: vivir unha ciudade verde. Dezaseis inmobles de Concello e Universidade de Vigo, entre os que se atopan museos e instalacións deportivas, participarán no programa europeo Life Green City, co que se pretende acadar un 20% de aforro no consumo enerxético e a redución do 10% na emisión de contaminantes. E para iso só hai unha alternativa: controlar o consumo de electricidade, auga e gas con medidores intelixentes para compilar os datos.
O proxecto, de dous anos de duración, porase en marcha en colaboración coa cidade francesa de Nantes e as empresas Vizelia, Eneas e Eurocuality. Financiado a medias entre a Unión Europea (fará frente á metade do custe cun orzamento de 1,7 millóns de euros), Universidade de Nantes e Axencia Municipal de Enerxía, os controladores instalaranse no Verbum, na Casa Galega da Cultura, nas piscinas de Barreiro e Florida, en Vigozoo, no polideportivo do Berbés, no pavillón de Navia, na Casa da Xuventude, no Museo de Castrelos, no Reitorado, na Biblioteca Central da Universidade, na zona deportiva de Lagoas-Marcosende, no polideportivo universitario do campus de Pontevedra e na biblioteca universitaria do campus de Ourense.