Vigo al minuto

O albergue do Berbés é cousa de homes

Unha media de 28 pernoctas ao día de ata 147 persoas diferentes. Ese é o balance final do albergue provisional aberto no pavillón do Berbés para paliar os problemas que sufren os sen teito polas inclemencias do tempo. Dende o pasado 9 de decembro rexistráronse 2.599 pernoctas, cunha media de 25 homes por cada 3 mulleres. Entre os usuarios, a maioría (56%) foron españois, dous de cada dez derivados aos Servizos Sociais municipais para intentar prestarlle asistencia máis aló dunha noite a cuberto.

Elas, con máis riscos

Este dispositivo continuará durante o ano, aínda que só para o sexo feminino: o Concello porá en marcha un piso para mulleres cun total de 5 prazas. Os requisitos, ter máis de 18 anos, carecer de apoio familiar e non ter dispoñibilidade monetaria para aboar un aloxamento, ademáis de ter autonomía persoal e non padecer enfermidades físicas ou psíquicas que as impidan. O piso abrirá de 21 a 9 horas e ofrecerá servizo de lavandería, cea e almorzo. A estancia máxima, 15 días, tempo no que se lle tratará de buscar un aloxamento permanente.

Te podría interesar