Comarcas

O PP di non ao manifesto de igualdade por consideralo partidista

Un ataque ao goberno autonómico do PP e, por extensión, “ao noso partido en Redondela. Así manifestouse hoxe Teresa París, secretaria de Comunicación do PP municipal, partido que escusou apoiar o manifesto elaborado con motivo do Día Internacional da Muller pola Concellería de Igualdade ao considerar que se empregou como arma política.

No corpo do manifesto existen referencias “ao risco de involución dos dereitos da muller que estamos a vivir”, unha interpretación da realidade que os populares consideran moi sesgada. “Ese cambio de rumbo que piden nos dereitos da muller ten só un fin ideolóxico, xa que o cambio xa fai décadas que se produciu e ademais é imparable”, sostén París. Piden para empezar un plan de emprego feminino pero só fan iso, pedir, sen propoñer ou presentar ningún traballo feito –levan así os últimos oito anos- e piden que se retire o proxecto de Lei de Familia, por que non lles gusta e a maiores mencionan as axudas da violencia de xénero cando a Xunta de Galicia segue mantendo as partidas, sen recorte algún, con este fin, mentres nos preguntamos qué partidas medraron no Concello de Redondela de cara a axudar a estas mulleres e ás súas familias, qué medidas aprobaron eles para paliar este grave problema e como axudan dende os despachos municipais e en qué prazos? O que non din é que tampouco medraron as que proveñen do Goberno Central, que seguen a manter as mesmas cifras”.

Dende o Partido Popular de Redondela “expresamos o noso compromiso total e absoluto de coidar que eses dereitos continúen a ser tratados positivamente na vida diaria das mulleres e que cada unha viva segundo o seu idearioAs políticas de igualdade e da muller han ser para todas nós por igual, pensemos o que pensemos. Así, as mulleres merecemos dunha vez ser libres, actuar conforme a nosa vontade e deixar de ser cobaias na enxeñaría da ideoloxía de xénero. Isto é o que asina o PP de Redondela”, conclúe París.

You may also like