Carlos Núñez foi o protagonista indiscutible da apertura oficial do Festival Internacional de Documentais Play-Doc de Tui. O gaiteiro galego presentou ‘Brasil somos nós’, un documental sobre o proceso creativo do seu último disco, ‘Alborada do Brasil’, no país carioca. Logo de introducir as claves do filme, tocou varios dos temas deste álbum da proxección da película.
Play-Doc dará a oportunidade de explorar formas alternativas de facer e ver o dinema, nun xénero tan híbrido como o documental, que ofrece tantas posibilidades de experimentación. E o resultado é bo a pesares de tratarse “dun ano difícil”, xa que se logrou unha programación á altura das mellores, un festival de proporcións pequenas no que ocorren cousas moi grandes.
Preto dun millar de persoas ateigaron o Teatro Municipal de Tui para gozar da xornada inaugural, na que se puideron ver o filme de Oliver Laxe ‘Todos vós sodes capitáns’, gañadora do premio Fipresci de Cannes, e que abriu unha sección oficial na que once títulos chegados de todo o mundo que percorren todas as tendencias do mellor cinema documental contemporáneo. Todos competirán por premios valorados en 7.000 euros.