Vigo al minuto

Aberto o prazo para optar a unha vivenda de aluguer en Navia

O Concello ven de abrir o prazo de inscripción para optar a unha das vivendas, en aluguer, das que dispón en Navia. O mesmo permanecerá aberto ate desde hoxe ata o próximo 16 de maio, un parzo de 45 días durante os que os interesados poderán optar a un destos pisos, cumprinco os requisitos contidos nas bases de inscripción que poden recollerse na Oficiña Municipal de Vivenda da rúa Oporto, 1 (antigo Rectorado).

Deste xeito, segundo asegura o Goberno local, pretende darse resposta “gran demanda” cidadá de alugueres “a prezos módicos”, que neste caso oscilarán entre os 116 e os 166 € ao mes. O Concello de Vigo dispón de 35 vivendas en Navia, das que 7 irán destinadas a fins sociais e serán xestionadas pola Concellería de Benestar Social. As 28 restantes, cun tamaño entre 80 e 90 metros cadrados, garaxe e trasteiro, saen en aluguer para os censados en Vigo.

Do total de vivendas en arrendamento, 6 están habilitadas para persoas con mobilidade reducida, 13 destinaranse a núcleos familiares con ingresos menores ao 1,5 do IPREM e as 9 restantes para economías entre o 1,5 e o 2.5 do devandito índice.

 

También te puede interesar