Intruirlas en medidas básicas de autoprotección. No marco deste obxectivo e das labores de control e seguimento de ordes de afastamento que leva a cabo o equipo de Vixilancia e Apoio Policial, EVAP, do Corpo da Policía Local de Vigo, estanse a desenvolver actividades formativas dirixidas as vítimas de violencia de xénero integradas no plan de protección deste equipo. A formación está impartida por policías cualificados, profesores da Academia da Policía Local de Vigo e da Academia Galega de Seguridade Pública.
Entre estas técnicas destacan a instrución sobre adopción de medidas de seguridade para previr unha hipotética agresión ou situación de violencia física, especialmente dirixidas ao entorno da vítima (domicilio, lugar de traballo, colexio dos rapaces, casa de familiares, etc.) e baseadas na detección anticipada da presencia do potencial agresor nestes lugares. Todo elo lles permitirá dispor do tempo necesario para alertar ás forzas de seguridade.
A formación céntrase ademais na instrución sobre actitudes a tomar en caso de non contar con asistencia policial e atoparse cunha posible agresión, incluíndo o adestramento para a súa defensa. Tamén neste senso reciben formación específica sobre adquisición e práctica de técnicas de defensa e ataque, tanto no uso do propio corpo coma de obxectos cotiás que se portan habitualmente. Están especialmente dirixidas a repeler labazadas, puñetazos, patadas e diferentes agarres, así coma as técnicas enfocadas a desenvolverse do agresor cando se atopa enriba da vítima ou está no chan.
Ademais dos cursos de autoprotección Vigo sumouse o pasado 23 de marzo ao Sistema de Seguimento Integral dos casos de violencia de xénero do Ministerio do Interior. O alcalde e o Secretario de Estado de Seguridade, Antonio Camacho, rubricaron no Concello o convenio que incorpora á Policía Local ao Sistema estatal de Seguimento co fin de intercambiar información, sumar esforzos e traballar conxuntamente na prevención.
Dende a creación desta división, os axentes adcritos á EVAP atenderon a un total de 693 víctimas de Violencia de xénero con domicilio en Vigo; a elas hai que engadir as 150 ordes de protección que seguen activas na cidade e que abranguen a 180 pesronas entre mulleres e nenos.