Comarcas

O Concello de As Neves, pioneiro na recuperación das antigas Escolas Unitarias

Recuperar as antiguas Escolas Unitarias para facilitar o desenvolvemento das parroquias. A iniciativa, senlleira en Galicia, ven de ser desenrolada polo Concello da As Neves durante os últimos anos, coma unha proposta que están imitando outros concellos galegos entre eles Mazaricos, Cabana de Bergantiños, Cospeito ou Chantada.

O proxecto, iniciado no mandato do actual alcalde Raúl Emilio Castro, ten coma obxectivo a reforma dos antigos inmobles que dende os anos 40 aos 70 do século pasado serviron para facer chegar á educación aos rapazas e rapaces dunha Galicia coa poboación moi diseminada no que o acceso á formación era especialmente dificil lonxe das cidades.

Co cambio do modelo educativo propiciado pola Lei Xeral de Educación de 1970, as escolas unitarias foron sustituidas por concentracións escolares e os alumnos chegaban ata eles grazas ao transporte escolar, o que fixo que a meirande destos centros pechasen e que os inmobles fosen abandoados.

Precisamente rehabilitar os mesmos para que, de novo, prestasen un servizo ás parroquias, “incrementar o patrimonio histórico e cultural e darlles unha utilidade para beneficio dos veciños”, foi o que moveu ao goberno local de As Neves a acometer a súa recuperación.

Ao tempo, optando a subvencións concedidas pola Consellería de Traballo, foi posible que parte das rehabilitacións se fixeran cos participantes de obradoiros de emprego dun ano de duración.

Tal é o caso da de Santa Eulalia de Batalláns,que foi completamente recuperada respetando a estructura orixinal de pedra e engadindo elementos de madeira e metal. Os 30 participantes no obradoiro, todos eles desempregados de máis de 25 anos de idade, fixeron traballos de cantería, 10 de eles, albanelería, outros 10 e traballadores forestales, 10 máis, traballos que serviron, tanto para o acabado da restauración coma para facilitar a súa formación profesional e integración ao mercado de traballo.

 

También te puede interesar