É unha das instalacións máis necesarias e concorridas do barrio, pero a chegada da onda de calor africano pon en evidencia as necesidades do pavillón municipal de Coia, unha das instalacións máis concorridas do barrio: carece de dotacións e praticar deporte nel a estas temperaturas é todo menos agradable. E, sobre todo, fáltalle unha ludoteca en condicións.
A falla de ventilación e adecuación da zona xa ten provocado máis dun susto para os usuarios, que sufriron esvaecementos, alerxias, ansiedade e outro tipo de enfermidades. Ademais, son moitos os pais que comezan a replantexarse levar aos seus fillos a esta ludoteca, porque poden poñer en perigo a saúde dos cativos.
A Asociación Veciñal ‘Camiño Vello’, farta de dar avisos, agora esixe que a quen lle competa dea unha solución pronta, sobre todo porque o verán está á volta, polo que estará ollo avizor para ver que se levan a cabo os traballos de habilitación nas vindeiras semanas. Senón se fai nada, optarán por unha denuncia formal.
¿Oído cociña?