Comarcas Galicia

Vexo Vigo, vexo Cangas… dende o barco cada 15 minutos

O barco Vigo-Cangas funcionará dende o luns cada 15 minutos. A Xunta vén de aprobar unha resolución para que os horarios do servizo do transporte marítimo de viaxeiros volverá a recuperar a súa frecuencia diaria, e non a de agora, con barcos cada 25 minutos, o que estaba a provocar importantes perxuicios aos pasaxeiros.

A frecuencia axústase así ás necesidades de transporte, tamén técnicas, xa que por operatividade se establece un mínimo de 15 minutos para permanencia no atraque durante a realización de embarque e desembarque de pasaxeiros no tráfico regular de ría. O servizo de pasaxe Vigo-Cangas é o que conta cun maior número de usuarios de toda Galicia, que ao longo do pasado ano rexistrou un total de 232.800 usuarios.

 

You may also like